Skip to main content
Quiroga

Os veciños de Parteme, do Concello de Quiroga, quedaron incomunicados durante cinco días

Por 28 Marzo, 2023Marzo 29th, 2023Sin comentarios

Os veciños da parroquia de Parteme, en Quiroga, denuncian que a semana pasada estiveron incomunicados durante cinco días por unha acción do Goberno local.

Santiago, un veciño de Parteme, explicou que el e outros veciños do pobo tiveron que baixar ata o cuartel da Guardia Civil para interpoñer unha denuncia contra o goberno local de Quiroga.

Así, explica que o fixeron debido a que o pasado luns chegou á parroquia unha cuba de formigón, sen previo aviso aos veciños, e “botaron na rúa principal do pobo varios cúbicos de formigón, pechando o acceso ao pobo e, como consecuencia, tamén imposibilitando que os veciños puideran saír do pobo en coche”.

“A rúa principal é o único acceso público ao pobo de Parteme e se non se pode entrar por aí, a única forma é facelo por un camiño privado, no que xa no seu día os propietarios denunciaron que non se podía utilizar ese camiño, xa que era privado”, denuncia Santiago.

Por isto, os veciños din que “foi unha acción irresponsable por parte do alcalde e do goberno local de Quiroga, porque en Parteme viven, sobre todo, persoas maiores que quedaron incomunicadas co exterior sen poder facer unha previsión do que necesitaban para eses días que non puideron nin entrar nin saír do pobo”.