Skip to main content
Quiroga

Unha charla sobre o escritor Manuel Murguía terá lugar na Casa da Cultura de Quiroga

Por 30 Marzo, 2023Marzo 31st, 2023Sin comentarios

O BNG de Quiroga organiza unha charla-coloquio sobre o escritor Manuel Murguía con motivo do centenario do seu pasamento o vindeiro 31 de marzo.

Xosé Manuel Fernández, concelleiro do BNG en Quiroga e candidato á Alcaldía do municipio será o encargado de presentar o acto que será guiado polo escritor e historiador quirogués Xosé Estévez.

A Casa da Cultura de Quiroga acollerá esta iniciativa baixo o título de ‘Manuel Murguía, de nai vasca, marido de Rosalía de Castro’, ás 19.30 horas.

Desde o BNG contan que Xosé Estévez debullará sobre a vida e a obra “deste ilustre das nosas letras destacando o seu importante labor como escritor e historiador, e lembrando o seu galeguismo e compromiso coa lingua galega”.

Tamén achegará información de interese sobre as dúas mulleres máis importantes da súa vida: Concha Murguía e Rosalía de Castro.