Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil acolleu a visita da subdelegada do Goberno en Lugo

Por 2 Marzo, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, confirmou no Concello de Ribas de Sil a pegada do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno nos municipios pequenos da provincia de Lugo.

“Impulsamos o desenvolvemento de proxectos encamiñados na transformación verde e dixital das nosas vilas, sobre todo no rural, como sucede con Ribas de Sil, co principal obxectivo de mellorar os servizos básicos e a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”, subliñou a subdelegada.

Xunto co alcalde, Miguel Ángel Sotuela, revisaron as principais iniciativas que financia o Goberno de España no municipio e constatou o resultado deste proxecto, que consistiu na renovación e mellora do 70% do sistema de alumeado público exterior de todo o municipio e que contou cunha axuda de máis de 190.000 euros do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e unha achega de 50.000 euros por parte do Concello.

Melloras feitas

Instaláronse 746 luminarias de baixo consumo en todas as aldeas do municipio, beneficiando directamente ás persoas que viven nestes núcleos da localidade.

A intervención tamén contemplou a substitución de báculos, canalizacións, cadros de protección e máis de 6.600 metros de cable.

Estes fondos tradúcense nun aforro de máis do 45% no consumo de enerxía eléctrica, o que supón unha rebaixa de emisións de máis de 21 toneladas de CO 2 ao ano e 10.000 euros máis para as arcas municipais.

Nesta liña, a subdelegada destacou que este tipo de medidas están orientadas a favorecer o paso a unha economía baixa en carbono, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e enerxético dos municipios da provincia.

Durante a visita, Isabel Rodríguez felicitou ao rexedor pola consecución deste axuda “que é un exemplo de como as administracións debemos traballar da man polo futuro dos nosos concellos”.