Skip to main content
O Saviñao

Celeste Rodríguez repite como candidato do PSOE no Saviñao ás eleccións

Por 6 Marzo, 2023Marzo 8th, 2023Sin comentarios

Celeste Rodríguez Pombo volve a presentarse como alcaldable ao Concello do Saviñao polo PSOE do Saviñao despois de ser aclamado como candidato pola maioría dos afiliados que participaron da última asemblea que celebraron os socialistas saviñaos.

despois dos bos resultados de 2019, cando conseguiu cinco dos once concelleiros que se disputan neste concello.

Rodríguez Pombo, que en 2019 conseguiu cinco dos once concelleiros que se disputan no Concello, é axente facultativo medioambiental e militante socialista desde os 18 anos e desde o 2011 é un habitual nas listas socialistas.

En 2015 presentouse por primeira vez como candidato á Alcaldía e acadou catro concelleiros co 37,07 % dos votos. Repetiu en 2019, cunha tendencia ascendente, conseguindo o 40,26% dos votos e chegando aos cinco concelleiros, a un da maioría absoluta.

A lista deste ano

A lista que encabezará Rodríguez Pombo está xa en elaboración e “haberá algunha renovación, pero mantense a maioría dos integrantes que nos presentamos en 2019 e que continuamos cun proxecto claro e ilusión de poder acadar un futuro mellor para o Saviñao”, declarou Celeste R. Pombo.

Na lista estarán representadas as distintas realidades do Concello, tanto a nivel xeográfico como coa presenza de persoas dos distintos sectores socioeconómicos maioritarios do Saviñao (funcionarios, empregados, autónomos, gandeiros…).

A última semana de marzo os afiliados votarán a lista completa coa que o PSdeG-PSOE se presentará ás eleccións. “A nosa prioridade é O Saviñao, presentámonos ás eleccións tendo claro que a política é unha función pública e que nós, como representantes dos e das veciñas, estamos aí para debernos ás súas reclamacións e tentar de solucionar os seus problemas, loitando por unha vida e futuro mellor”, explicou Rodríguez Pombo.

Para isto, a formación socialista vén de abrir un formulario electrónico onde os veciños e veciñas do Saviñao poden trasladar as súas aportacións e preocupacións para ser recollidas no programa electoral do PSOE.