Skip to main content
O Saviñao

Convocada unha praza de emprego para a limpeza dos edificios municipais do Saviñao

Por 21 Marzo, 2023Marzo 22nd, 2023Sin comentarios

O PSOE do Saviñao anuncia que no municipio buscan un limpador para a limpeza dos edificios e instalación municipais.

Este contrato será de substitución e durará ata que a persoa de baixa se dea de alta ou, como máximo, ata o 15 de setembro do ano 2023.

A xornada será do 75% e o salario será de 945 euros, nos que se inclúen as prorratas da paga extra.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Concello do Saviñao ata o vindeiro 25 de marzo.

Terán que ser demandantes de emprego, possuír a nacionalidade española ou ser nacional doutros estados, debe ter cumpridos os 16 anos, ter o certificado de escolaridade ou titulación equivalente, debe ter permiso de conducir tipo B e presentar a vida laboral actualizada.

Esta convocatoria de emprego dáse ao abeiro do Plan Único da Deputación de Lugo en colaboración co Concello.