Skip to main content
Sober

Unha sesión fotográfica do Concello de Sober intentará romper cos estereotipos masculinos

Por 9 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Sober pon en marcha unha iniciativa pola igualdade na que convida a homes a mandar fotos deles “rompendo cos estereotipos, sendo e actuando libremente” para unha exposición fotográfica.

Desde o Concello defenden que “por medio dunha exposición fotográfica, queremos executar unha autocrítica cara esta masculinidade” para “destruír as cadeas que nos cohiben e nos limitan a favor dun cambio social necesario”.

O obxectivo, explican é que “os homes leven a cabo unha reflexión sobre a súa identidade e sobre a súa capacidade de transformación social, que sexan conscientes de que o proceso de socialización os envía e os sitúa baixo un modelo dominante de masculinidade tradicional asentado e reforzado por un sistema patriarcal férreo”.

Porque desde o Concello argumentan que “hai que reflexionar sobre a necesidade de deconstrucción do modelo de masculinidade dominante, e sobre a necesidade de xerar novas formas de relación coas mulleres, vínculos máis libres para ambos e afastados do que a sociedade patriarcal nos inculcou e nos vendeu como normal”.

Para máis información ou participar, pódese contactar a través do número 628 055 236 ou por medio das redes sociais do Concello de Sober.