
O Concello de Sober pon a disposición dos veciños unhas axudas para rehabilitar as súas vivendas no marco do Plan de Vivenda 2013-2016.
O prazo de solicitudes está aberto ata o 17 de marzo e para pedir información pódese acudir ao edificio do Concello de 9.00 a 14.00 horas.
As obras deberán executarse ata decembro, se non, non se poderán beneficiar destas axudas.
Para a realización da solicitude será necesaria a copia do DNI, a copia da declaración da renda do último ano, o orzamento das obras a realizar e a referencia catastral.