Skip to main content
Taboada

Roi Regueira será o alcaldable do PSOE nas eleccións de Taboada

Por 7 Marzo, 2023Sin comentarios

Roi Rigueira será o candidato socialista á Alcaldía de Taboada por segunda vez consecutiva nas vindeiras eleccións do 28 de maio.

O candidato sinala que se presenta a esta nova cita electoral agradecendo a confianza de toda a agrupación socialista de Taboada.

“Na pasada convocatoria estivemos preto de conseguir un cambio histórico no Concello, cun goberno de progreso na nosa vila. Por iso, estou seguro que desta volta imos acadar un bo resultado para sacar a Taboada da parálise na que se atopa, a todos os niveis”, argumentou.

Con respecto ao equipo socialista en Taboada, dixo que “me acompaña un bo equipo de xente, e temos cun gran proxecto para o futuro do Concello”, remarcou.