Skip to main content
Taboada

A asociación feminista Landra de Taboada convoca unha homenaxe ás mulleres este 8M

Por 8 Marzo, 2023Marzo 9th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais Landra convoca, en colaboración co Concello de Taboada, unha concentración para este 8M, Día da Muller, ás 20.30 horas na Alameda de Taboada.

Neste evento, Ana Vila, presidenta da asociación, recitará un poema xunto con outras participantes.

Ademais, Landra levará pancartas co seu nome e outras con debuxos feitos polo alumnado do CPI San Tomé de Carballo.