
A Concellería de Deportes do Concello de Sarria apraza a data da celebración da VI Carreira da Muller ‘Vivas e Iguais’ debido á previsión de fortes choivas para hoxe.
Tanto a carreira como o concerto terán lugar o vindeiro 22 de abril e desde o gobernó local piden desculpas polas molestias “que este cambio poida ocasionar, pero pensamos que é a mellor decisión para que esta carreira volva ser unha celebración multitudinaria a prol da igualdade”.
Así, din que non será preciso que os participantes xa inscritos, volvan facelo.