Skip to main content
Triacastela

Lola Tourón impartirá un taller de vimbio na área recreativa do Oribio de Triacastela

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Triacastela organiza un taller de vimbio impartido por Lola Tourón na área recreativa do Oribio.

Esta actividade terá lugar os días 20 e 21 de marzo en horario de 15.00 a 19.00 horas.

As persoas participantes aprenderán a facer figuras de vimbio coas que se pretende crear un espazo de lecer para nenos e adultos.

Como é unha actividade gratuíta, as prazas son limitadas, e as persoas interesadas en participar deberán apuntarse no Concello de Triacastela ou a través do número 982 54 81 47.