Skip to main content
Samos

O Torneo de Fútbol Sala de Samos terá lugar os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de abril

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

Volve a Samos o Torneo Fútbol Sala Samos na súa XXX edición organizado polo Samos F.S.

Este evento terá lugar os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de abril e estará patrocinado polo Concello de Samos e pola Deputación de Lugo.

Poderán participar todos os equipos que queiran inscribíndose nos teléfonos 626 00 55 70 e 630 65 63 57 ata o vindeiro 4 de abril.

Ese mesmo día ás 21.30 horas terá lugar o sorteo para ver que equipo se enfronta con que outro na Adega-Cafetería Abadía de Samos.

Os equipos participantes deberán pagar unha cota de participación de 150 euros.

En canto aos premios, o primeiro equipo gañador levarase 1.000 euros e un trofeo, o segundo será premiado con 500 euros e un trofeo, o terceiro conseguirá 250 euros e un trofeo, o cuarto 150 puntos e un trofeo, e o mellor equipo do Concello de Samos 150 euros e un trofeo.