Skip to main content
O Incio

Este sábado será I Torneo de Tenis de Mesa do Incio

Por 24 Marzo, 2023Abril 5th, 2023Sin comentarios

Este sábado 25 de marzo o Concello do Incio acollerá o I Torneo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Ceibe de Monforte. Esta cita deportiva é de categoría amateur, é dicir, é para aficionados, non para profesionais.

O evento terá lugar no hotel Hermida Rural, que se atopa na parroquia Eirexalba, do Incio, onde haberá pinchos para poñer en valor os produtos típicos da zona do Incio, como o Porco Celta, da man da Carnicería Teijeiro; o mel, da explotación Abella Brava; e o viño, da adega Terra Brava.

Un dos organizadores, José Luís Gallego, sostén que Hermida Rural está nunha contorna “perfecta” ao carón do encoro de Vilasouto e que esa “incríble paisaxe” é un chamamento á participación da actividade.

Ademais, di que este torneo pode axudar a “revitalizar o Club Ceibe” que “foi un dos pioneiros de tenis de mesa a nivel nacional, pero por traballo, estudos, etc., decaeu”.