Skip to main content
MonterrosoPalas de ReiPedrafitaPortomarínTriacastela

A Mancomunidade estreou o documental ‘Camiño Francés: Just Walk it’

Por 25 Marzo, 2023Marzo 26th, 2023Sin comentarios

A Mancomunidade do Camiño Francés, presidido por Olga Iglesias, estreou esta semana o documental Camiño Francés: Just Walk it. Neste video, de 22 minutos de duración, peregrinos de diferentes nacionalidades contan as súas vivencias ao percorrer a ruta xacobea.

As gravacións tiveron lugar durante o pasado mes de novembro nos 11 concellos que forman parte da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.

O resultado final amosa as historias da surafricana Jane Botja, o escocés Euan, a holandesa Severine, Gofrey, Carla e Glenn, unha familia americana, e Domenico Arato, un executivo italiano. Todo eles unidos polo Camiño de Santiago.