Skip to main content
O Páramo

Varios accesos a núcleos de poboación do Concello do Páramo están sendo mellorados

Por 29 Marzo, 2023Marzo 30th, 2023Sin comentarios

O Concello do Páramo está a mellorar as rúas do municipio a través de obras que están en fase de execución ou recentemente executadas.

Por unha parte, o goberno local ten en execución o acondicionamento e a mellora de accesos aos núcleos de Mundín e Vilar. Tamén ten en execución a pavimentación de accesos aos núcleos de Vigo, Piñeiro e Vilasante.

En canto as obras recentemente executadas, o camiño Villeiriz-Guisande xa foi acondicionado e mellorado; mentres que o camiño de Novás e o  acceso ao Agro foi mellorado en canto ao seu pavimento.

Por último, tamén mellorouse o pavimento dos accesos aos núcleos de Reascos, Armada e O Campo.

Como punto de especial mención, o alcalde do Páramo, José Luís López, dixo que co obradoiro de emprego estase a acondicionar e rehabilitar vivendas en Piñeiro e reformando a fonte.