Skip to main content
O Incio

A ITV de vehículos agrícolas estará no Incio a mediados de abril

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio acollerá o servizo de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) en abril.

En concreto, unha unidade móvil desprazarase ata o Concello durante os días 12, 13, 14 e 17 de abril.

Así, as persoas interesadas en pasar a ITV dos seus vehículos agrícolas poderán facelo na pista polideportiva o 12 de abril, na Cruz do Incio o 13 e 14 de abril, e no campo da festa Val do Mao o 17 de abril.

Os horarios son en todos os casos de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o 14 de abril, que só se poderá acudir pola mañá.

Para pedir cita previa, hai que facelo a través da páxina www.sycitv.com