Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio celebra hoxe a súa primeira reunión sobre o PXOM para informar aos veciños

Por 22 Marzo, 2023Sin comentarios

Esta mañá ás 12.00 horas celébrase a primeira reunión informativa sobre o novo planeamento urbanístico no local social multiusos do Concello do Incio.

Todos os veciños interesados en coñecer toda a información relativa a este tema, poderá achegarse ata o Concello do municipio.

Nesta reunión tratarase a posta en marcha dos traballos preparatorios de elaboración do PXOM que foi aprobado o pasado 6 de marzo pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta.

As próximas citas que celebrará o goberno local do Incio para informar aos veciños terá lugar o vindeiro 29 de marzo no local social do Val do Mao e o 5 de abril no local social de Vilademouros.