Skip to main content
Láncara

Láncara acolle a XXIII Feira Degustación da Tenreira Galega o vindeiro 1 de maio

Por 2 Marzo, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, deu a coñecer a data da vindeira Feira Degustación da Tenreira Galega o vindeiro 1 de maio no municipio, unha cita que celebra xa a súa edicion número 23, que será precedida pola Festa dos Avós, o 30 de abril.

Neste contexto, o conselleiro do Medio Rural, José González, puxo en valor a Tenreira Galega Suprema nun evento na Casa de Galicia en Madrid acompañado do ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas.

A Tenreira Galega Suprema é un selo diferenciador e identificativo da carne que se produce en diversos sitios de Galicia, en concreto, e de forma continuada e como actividade destacable, en Láncara.

A marca englobada dentro da indicación xeográfica protexida (IXP) Tenreira Galega, o indicativo de calidade de carne de vacún que máis certifica en España con case un 60%, “ten papel como custodio do territorio e polo seu potencial gastronómico”, explicou González na xuntanza.

O titular de Medio Rural recordou que a Xunta vai facer unha campaña de promoción a nivel nacional en colaboración co dito consello regulador para aumentar a sensibilización e o consumo dos produtos co selo Tenreira Galega Suprema, que contou cun orzamento de 1,4 millóns de euros.

Pola súa parte, o ministro de Agricultura louvou o labor dos gandeiros detrás de selos de calidade como o de Ternera Gallega e a importancia da diferenciación para consolidarse nos mercados nacional e internacional.

Así, González comentou que o produto distinguido co selo Ternera Gallega Suprema é o que procede de explotacións tradicionais con base territorial, con vacas nais e no que se garanten 7 meses de lactancia, dentro da indicación xeográfica protexida Tenreira Galega.