Skip to main content
Láncara

A Asociación Patacas Novas alugará un autobús para participar da XVIII Covas de Seadur

Por 7 Marzo, 2023Marzo 8th, 2023Sin comentarios

A Asociación Patacas Novas porá un autobús a disposición dos veciños da Pobra de San Xiao, en Láncara, para ir á XVIII edición das Covas de Seadur en Ourense.

Este evento terá lugar o vindeiro 8 de abril ás 18.30 horas, polo que o bus sairá da Pobra dúas horas antes, sobre as 16.30 horas e volverán sobre as 23.30 horas da noite.

Alí, as persoas que vaian poderán desfrutar de festa e viño, por iso a Asociación Patacas Novas ten previsto alugar un autobús que, dependendo das persoas que se apunten, terá 36 ou 50 prazas.

Ademais, desde a asociación comentan que é a primeira vez que se propón participar desta festa, xa que en 2020 quíxose facer, pero chegou a pandemia.