Skip to main content
Deportes SARRIAXALáncara

Puebla Futsal ten esta tarde unha cita no pavillón San Vicente de Cubelas

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

O club de fútbol sala Puebla Futsal enfróntase este sábado, 18 de marzo, contra o Club Cubelas Fútbol Sala.

A cita será ás 18.00 horas no pavillón de San Vicente de Cubelas e animan á afección do Puebla Futsal a acompañarlles.

Esta correspóndese coa xornada 19 na 1ª Autonómica Sénior Galicia.

As persoas interesadas en ir ver o partido poderán facelo, xa que o club pon a disposición dos interesados un autobús que sairá da Casa do Concello que está na Pobra de San Xiao para ir ata Cubelas.

Se a persoa é socia, terá que pagar dous euros, se non o é, o custo da viaxe é de cinco euros. Así, animan aos veciños a animar ao equipo.