Skip to main content
Láncara

O polideportivo de Láncara acolléra un taller de patinaxe en abril

Por 30 Marzo, 2023Marzo 31st, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza un taller de patinaxe durante os días 3, 4 e 5 de abril no polideportivo aberto á beira do colexio Ramón Piñeiro.

Esta actividade, a través da área de Cultura do Concello, é gratuíta e aberta a todos os nenos e rapaces desde os 3 anos e ata os 16.

O límite de prazas é de 20 persoas para cada día e os horarios serán só de mañá, de 10.30 a 12.30 tanto o 3, como o 4 e o 5 de abril.

Os pais que queiran quedarse a desfrutar de como os seus fillos aprenden a patinar poderán facelo nas gradas do polideportivo.