Skip to main content
Paradela

O alcalde de Paradela di que “é importante recuperar o tradicional do municipio”

Por 3 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela espera que comecen axiña as obras do núcleo tradicional do municipio, que forman parte da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Consellería de Medio Ambiente.

José Manuel Mato, alcalde de Paradela, valora moi positivamente “recuperar o tradicional na capitalidade, na zona de Pacios de Paradela”.

Así, dixo que se actuará onde “están as casas máis tradicionais e nas prazas para recuperar a zona e os servizos, como os bancos para que senten as persoas que dean un paseo por aí”.

Ademais, comentou que intentarase recuperar o edificio do antigo concello, que era de propiedade privada, así como outros edificios que forman parte de Paradela.

“Só falta a licitación das obras e a posta en marcha da contrución e mellora da zona”, explicou.

Esta zona é, segundo o alcalde, de grande importancia para os veciños e ten “un alto valor patrimonial”, que conta con “magnolios preciosos que poden ter ata 500 anos de antigüidade e que se atopan no corazón do pobo”.

Por outra parte, din que con respecto do Plan Único, seguen esperando pola confirmación da Deputación de Lugo para executar obras nas diversas parroquias de Paradela.