Skip to main content
Paradela

Remataron os actos polo Bicentenario do Concello de Paradela cun gran evento

Por 11 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela celebrou o Bicentenario con diversas iniciativas de interese, como exposicións, conferencias, concertos ou a colocación dunha escultura en homenaxe aos cabaleiros da Orde de Santiago, entre outras actividades.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou nos actos e felicitou á veciñanza polo seu traballo en memoria de Paradela e da súa historia e destacou que facer grande o sitio no que se naceu e onde viven os pais é “facer grande Galicia”.

Compromiso da Xunta con Paradela

Alfonso Rueda recoñeceu o desvelo dos habitantes de Paradela por recuperar o seu pasado -con iniciativas como a exposición Do tempo de luces-, reivindicar o seu presente -con actividades como A Paradela dos máis novos– e sementar o seu futuro.

O presidente da Xunta destacou a historia dun dos primeiros concellos galegos que acadou a oficialidade no século XIX e que foi escenario da creación na Idade Media da Orde dos Cabaleiros de Santiago, custodios do Camiño e dos peregrinos.

Segundo Rueda, “Paradela ten tamén futuro polas súas potencialidades no sector primario e no turismo”.

O Goberno galego garantiu a colaboración da Xunta con Paradela, especialmente nas liñas abertas para a atención dos maiores e para a favorecer a conciliación, pero tamén as iniciativas para reverter a tendencia demográfica e darlle vida ao rural.