Skip to main content
Samos

O Grupo municipal socialista de Samos expulsa a Julio Gallego

Por 8 Marzo, 2023Marzo 9th, 2023Sin comentarios

Os socialistas rexistraron no Concello un escrito trasladando o acordo de expulsar do mesmo a Julio Gallego, que pasará desta forma a ser Concelleiro non adscrito.

A decisión, tomada pola maioría dos Concelleiros socialistas, recolle que Julio Gallego vén protagonizando nos medios de comunicación declaracións e actuacións “de extrema gravidade, incompatibles coa pertenza a este Grupo Municipal”.

Lembran que esta persoa fixo declaracións públicas nas que manifestou “intereses e accións que van en contra do Partido Socialista, asegurando incluso que apoiará a outra formación política de cara ás eleccións municipais do 28 de maio”.

Os socialistas ratificaron de novo o seu pleno apoio e confianza na candidatura á Álcaldía de José Antonio García Jurjo, “cun proxecto que ten como única prioridade o interese e o progreso de todos os veciños e veciñas de Samos. Temos que pechar este esperpento e apostar por unha candidatura gañadora, que coloque a política municipal de Samos ó nivel que se merece, lonxe do Falcon Crest familiar que está montando o PP”.

O candidato socialista ten unha longa experiencia na política municipal de Samos. É concelleiro dende o ano 2007 e a partir do 2011 asumiu as funcións de tenente de Alcalde.

García Jurjo traballou para promover diferentes iniciativas culturais e de recuperación do patrimonio de Samos, colaborando na creación do roteiro literario Fiz Vergara ou apostando pola posta en valor das covas de Santalla. Tamén foi creador e promotor da feira de artesanía e produtos naturais de Ponte de Lóuzara.

Ante este novo reto como alcaldable, o candidato socialista recalcou que só entende a política como “unha vocación de servizo público”, polo que o seu principal compromiso é “escoitar a todos os veciños e veciñas para intentar resolver os seus problemas reais, e gobernar para todos”. Grupo municipal socialista de Samos expulsa a Julio Gallego

Os socialistas rexistraron hoxe no Concello un escrito trasladando o acordo de expulsar do mesmo a Julio Gallego, que pasará desta forma a ser Concelleiro non adscrito.

A decisión, tomada pola maioría dos Concelleiros socialistas, recolle que Julio Gallego vén protagonizando nos medios de comunicación declaracións e actuacións “de extrema gravidade, incompatibles coa pertenza a este Grupo Municipal”.

Lembran que esta persoa fixo declaracións públicas nas que manifestou “intereses e accións que van en contra do Partido Socialista, asegurando incluso que apoiará a outra formación política de cara ás eleccións municipais do 28 de maio”.

Os socialistas ratificaron de novo o seu pleno apoio e confianza na candidatura á Álcaldía de José Antonio García Jurjo, “cun proxecto que ten como única prioridade o interese e o progreso de todos os veciños e veciñas de Samos. Temos que pechar este esperpento e apostar por unha candidatura gañadora, que coloque a política municipal de Samos ó nivel que se merece, lonxe do Falcon Crest familiar que está montando o PP”.

O candidato socialista ten unha longa experiencia na política municipal de Samos. É concelleiro dende o ano 2007 e a partir do 2011 asumiu as funcións de tenente de alcalde.

García Jurjo traballou para promover diferentes iniciativas culturais e de recuperación do patrimonio de Samos, colaborando na creación do roteiro literario Fiz Vergara ou apostando pola posta en valor das covas de Santalla. Tamén foi creador e promotor da feira de artesanía e produtos naturais de Ponte de Lóuzara.

Ante este novo reto como alcaldable, o candidato socialista recalcou que só entende a política como “unha vocación de servizo público”, polo que o seu principal compromiso é “escoitar a todos os veciños e veciñas para intentar resolver os seus problemas reais, e gobernar para todos”.