Skip to main content
Sarria

Mª Isabel Martínez, xerente de Oso Blanco: “Damos servizo a moitos albergues e peregrinos”

Por 5 Marzo, 2023Marzo 6th, 2023Sin comentarios

Falamos con María Isabel Martínez Vázquez, xerente da empresa da lavandería autoservizo Oso Blanco.

Cando e como xurdiu a idea?

A idea xurdiu fai 8 anos, en 2014, vendo o auxe deste tipo de establecementos en varias cidades da península. Así, vimos unha oportunidade de negocio que tamén podía funcionar na vila de Sarria.

Que tipo de servizos prestan?

Nos nosos establecementos prestamos servizos de lavado en lavadoras de dous tamaños (18 e 9 quilogramos), dependendo do volume de roupa, e tamén ofrecemos servizo de secado en secadoras de 18 quilogramos.

Tanto as lavadoras como as secadoras son industriais, polo que normalmente non adoitamos ter avarías polo seu uso intensivo. Ainda así, ás veces xorden imprevistos como un mal centrifugado por exceso de carga das lavadoras ou problemas nas secadoras, derivados de introducir prendas con algún tipo de plástico na súa composición.

Desta maneira, quedan os restos adheridos ao tambor. Recodamos tamén que para calquera destes problemas ou dúbidas que poidan xurdir hai un teléfono de atención ao cliente: 717 709 050.

En que lugares prestan servizos?

Temos dous establecementos en Sarria, ambos na Rúa Calvo Sotelo, agora renomeada Rúa da Liberdade, nos números 199 e 20 respectivamente.

Había unha necesidade en Sarria dunha lavandería autoservizo?

Cremos que si, xa que nas vivendas tipo piso cada vez hai menos espazo para secar a roupa e determinadas prendas como edredóns, mantas, nórdicos e cortinas son moi tediosas de lavar e secar na casa.

Ademais, na vila, ao ser unha etapa do Camiño de Santiago, moitos peregrinos e albergues usan este servizo.

Cal é o horario de apertura?

Abrimos de 8.00 horas da mañá ás 22.30 horas do serán os 365 días do ano.

Os prezos son competitivos?
Cremos que si. Usar a lavadora de 18 quilogramos durante 21 minutos custa 7 euros e utilizar a de 9 quilogramos custa 4 euros durante o mesmo tempo.

De feito, levamos sen modificar os prezos desde a apertura e faremos o posible por mantelos, aínda que este último ano sufrimos subidas tanto nos productos como na enerxía. No prezo tamén están incluídos o deterxente, o suavizante e o oxígeno activo.

Por que este servizo é unha vantaxe para quen o utiliza?

Supón un aforro de tempo; nunha hora pódense lavar e secar ata 18 quilogramos de roupa. Tamén proporciona comodidade para o lavado e secado de prendas voluminosas.

Cambiou o traballo nestes últimos tempos por mor da pandemia?

Precisamente debido á pandemia, e para evitar o máximo os contactos entre personas, implementamos un sistema de pago por medio de aplicación móbil no que, ademais, o cliente ten un 10 % de desconto.

Que proxectos ou obxectivos teñen de cara ao futuro?

De cara ao medio prazo estamos estudando a posibilidade de incorporar novos servizos nos locais existentes ou incluso abrir un novo nunha nova ubicación.