Skip to main content
SarriaVilalba

Os bombeiros de Sarria e Vilalba incorporan senllos vehículos de salvamento

Por 2 Marzo, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

A adquisición destes furgóns, cun investimento de preto de 380.000€, servirá para reforzar e completar o parque móbil tanto no norte como no sur da provincia, resultando útiles para o transporte de material de excarceración ou para chegar ata sitios pouco accesibles.

O Consorcio Provincial de Bombeiros incorpora dous novos furgóns de salvamento para os parques comarcais de Vilalba e Sarria co obxectivo de reforzar o parque móbil tanto para os servizos que se prestan na metade norte da provincia coma na metade sur. O investimento para a súa adquisición foi de preto de 380.000€.

O obxectivo é que estes dous vehículos teñan un uso polivalente polo seu tamaño medio, sendo máis pequenos que os camións BUL, o que permite acceder a lugares máis estreitos e de accesos máis complicados. Tamén serán moi útiles para transportar o material de excarceración ou outros equipos de menor dimensión que se poden levar ás emerxencias de tal xeito que se complementen os equipos actuais.

Cada un dos seis parques de bombeiros contaba ata o momento con tres camións (unha bomba urbana lixeira, unha bomba nodriza pesada e un vehículo de altura), así como cun vehículo todoterreo.

O Consorcio

O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, cunha participación do 50% de cada institución, e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.