Skip to main content
Sarria

O Día da Muller protagonizará diversas actividades en Sarria

Por 8 Marzo, 2023Marzo 9th, 2023Sin comentarios

Esta tarde, ás 13.00 horas, comezarán as iniciativas do Concello de Sarria polo Día Internacional da Muller cun manifesto que se lerá diante do Concello.

Xa pola tarde, a Casa da Cultura acollerá o espectáculo de Trémola Teatro 8M para maiores de 12 anos, que reivindica os dereitos das mulleres a través de contos, poemas e cancións.

As actividades polo Día da Muller, que se estenderán durante todo marzo, estarán dedicadas, sobre todo, aos máis pequenos. Así, todos os xoves do mes ás 17.30 horas e na Casa da Cultura haberá animación a lectura.

Este xoves, 9 de marzo, o libro escollido é ‘Daniela Pirata’, mentres que o 16 será ‘Até as princesas soltan peidos’; pola súa banda, o 23, será ‘Rosa Caramelo’, e por último, o 30 a obra será ‘Vanesa non quere ser princesa’.

Por outra parte, tamén hai actividades para os maiores, como a sexta edición da Carreira Vivas e Visibles, que terá lugar o sábado, 11 de marzo, e na que xa hai máis de 350 persoas inscritas para percorrer cinco quilómetros polas rúas de Sarria e na que aínda hai prazas dispoñibles.

Por último, tamén para os máis pequenos, os días 15 e 22 de marzo ás 17.30 horas os nenos poderán participar en dúas actividades acompañados de Trémola Teatro na Casa da Cultura. No primeiro caso será coa obra musical ‘A fada que non sabía ser fada’ e no segundo co contacontos ‘Unha nena moi, moi valente’.