Skip to main content
Sarria

O colexio La Merced acolle unha exposición de carteis polo 8M

Por 12 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

O colexio plurilingüe La Merced de Sarria terá unha exposición de carteis polo 8M durante todo o mes de marzo.

Esta iniciativa foi posta en marcha polo centro educativo para visibilizar os traballos realizados polo alumnado do colexio nos días previos ao Día da Muller.

Así, o hall de La Merced acollerá unha exposición de debuxos en forma de carteis feministas ata finais de marzo.