Skip to main content
Sarria

A VI Carreira da Muller de Sarria aprázase para o vindeiro 22 de abril

Por 11 Marzo, 2023Marzo 13th, 2023Sin comentarios

A Concellería de Deportes do Concello de Sarria apraza a data da celebración da VI Carreira da Muller ‘Vivas e Iguais’ debido á previsión de fortes choivas para hoxe.

Tanto a carreira como o concerto terán lugar o vindeiro 22 de abril e desde o gobernó local piden desculpas polas molestias “que este cambio poida ocasionar, pero pensamos que é a mellor decisión para que esta carreira volva ser unha celebración multitudinaria a prol da igualdade”.

Así, din que non será preciso que os participantes xa inscritos, volvan facelo.