
A Sociedade Cultural La Unión acolle outra sesión de Baño de Son o vindeiro 19 de marzo, Día do Pai.
Para esta actividade, Marian García de Vicuña, a encargada de impartila, pide aos asistentes que leven unha esterilla e unha mantiña para conseguir meterse de cheo na actividade.
O horario será ás 19.00 horas para que as persoas poidan chegar á máxima relaxación a través dos sons de diferentes instrumentos e a unha hora na que xa case é de noite.
A duración será de, máis ou menos, unha hora.