Skip to main content
Sarria

A campaña da ACES polo Día do Pai segue vixente ata o domingo

Por 17 Marzo, 2023Marzo 18th, 2023Sin comentarios

Aínda continúa activa a campaña con motivo do Día do Pai ‘Fai sorrir a papá’ promovida pola Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU.

“Mercar para o pai no comercio asociado ten premio”, sosteñen desde a asociación, que en colaboración coa Xunta organizan esta actividade para promover o comercio local en Sarria.

Os clientes que fagan compras nos establecementos adheridos depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos, cubrindo os datos dun home que sexa pai para que no sorteo que se celebrará o vindeiro 23 de marzo poida tocarlle un premio.

Despois do sorteo, o papá premiado gozará dunha sesión fotográfica en familia nun estudio fotográfico profesional e que se levará de recordó un álbum con varias fotos da sesión.