Skip to main content
Sarria

A Anpa do Frei Luís de Granada defende que buscan “colaboración” e non “confrontación”

Por 20 Marzo, 2023Marzo 21st, 2023Sin comentarios

Desde a Anpa do colexio Frei Luís de Granada sosteñen que o alcalde do Concello de Sarria, Claudio Garrido, estaba informado en todo momento do proceso que querían levar a cabo, incluso a reunión que ían manter coa Deputación de Lugo.

Sorpréndelles a resposta do alcalde con respecto a reunión mantida con José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, e din que “non se debe subestimar a unha comunidade educativa”.

Así, defenden que eles sempre foron “totalmente transparentes” e que falaron “directamente con él, así como coa jefa territorial da Xunta que é do P, e coa Deputación de Lugo, que é do PSOE”. Así, defenden que non é “electoralismo, senón buscar colaboración e non a confrontación”.

Por outra banda, representantes da Anpa acusan ao alcalde de mentir porque, din, cando se reuniron con el, “prometeunos que non faría vivendas sociais, porque desde o noso punto de vista, a inclusión conséguese coa integración a todos os niveis e dando as mesmas condicións, e para iso existen os alugamentos sociais en calquera edificio sen necesidade de etiquetas”.

Sosteñen que despois de dicir iso, Claudio Garrido deulles a razón. Por isto, din, que agora se senten “decepcionados” porque “volve olvidarse á comunidade educativa nun momento no que queremos colaboración e non enfrontamentos”.

Por último, desde a Anpa piden ao gobernó local e a calquera organismo que edifique “que se responsabilice de calquera dano estrutural nos edificios colindantes porque a seguridade dos nosos está por riba de todo”.