Skip to main content
Sarria

As rúas do Oural xa están asfaltadas e o goberno local de Sarria prevé máis melloras

Por 23 Marzo, 2023Marzo 24th, 2023Sin comentarios

Remataron as obras de asfaltado do Oural, en Sarria, que visitou o alcalde, Claudio Garrido.

En concreto, o goberno local mellorou o asfaltado das rúas Barreiros, Cantalarrana e Sol, ás que se destinaron 55.000 euros dentro dun paquete global de proxectos de mellora da rede viaria municipal no que o Concello de Sarria está a investir máis dun millón de euros.

Entre as melloras programadas figuran as das pistas de acceso Barbadelo-A Serra, Cedrón-Piñeira, Perruscallo (Belante) e A Vilerma (Maside).

Tamén se acometerá a mellora de oito accesos a núcleos: Santo Estevo de Requeixo, Frades, Lousadela, Sisto e Domiz (Meixente), San Martiño de Rente (Barbadelo), Corvelle e Aguiada-Castro dos Petos (San Mamede do Camiño).

E outros 11 viais entrarán nun proxecto de rexeneración de pistas en Santa Marta de Ortoá, Lier-Pintín, Rosende-Arxevide, Abuín-Vilanova, San Saturniño, Vilaesteba, A Esperanza (Oural), O Real (San Fiz de Reimóndez), Vilarrairo, Seteventos-Toldaos e Betote.