Skip to main content
Sarria

A Anpa comeza unha recollida de firmas para intentar solucionar a situación na casa dos mestres

Por 23 Marzo, 2023Marzo 25th, 2023Sin comentarios

A Anpa do colexio Frei Luís de Granada convoca unha recollida de firmas entre os veciños de Sarria debido “á inacción do Concello” con respecto da situación na que se atopan os arredores das casas dos mestres.

Así, explican que “debido á situación acontecida os últimos días no noso centro, relativas á seguridade cidadá e á saúde pública, e vista a pasividade demostrada polo Concello, desde a Anpa lanzamos unha recollida de firmas na que poñemos de introdución a argumentación á nosa demanda”.

Ademais, explican que tiveron xa o primeiro contacto co arquitecto, que nunha primeira ollada e sen entrar no edificio, confirmoulles que hai amianto nas baixadas e uralitas dos tellados.

Tamén lles confirmoi que estas construcións se atopan nun estado de ruína económica “de manual”, é dicir, que a súa rehabilitación superaría o 50% do valor da construción.

Así, dixo que existe “a posibilidade de ruína técnica, pero que non se pode acreditar sen meter diñeiro e facer un estudo completo, que ten que realizar un técnico de urbanismo do Concello”, explican.

Por todo isto, a Anpa comezará a recoller firmas en Dos Ruedas, Talleres Caryman, Kilómetro 112, Aurum e no colexio Frei Luís de Granada.