Skip to main content
Sarria

A VII Estremonía Cantada de Sarria será mañá

Por 24 Marzo, 2023Marzo 25th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Peleriños e a Sociedade Cultural La Unión, ámbalas dúas de Sarria, organizan para este sábado 25 de marzo a VII edición da Estremonía Cantada.

Este evento, máis coñecido como Cantos de Taberna, terá lugar no local de La Unión e contará coa participación de 16 grupos: Os parrandas do Barco de Valdeorras, Son do Mao de Bóveda, Familia Rois da Coruña, A.C. Andrade de Vilalba, Os Tabernos de Cambre, Mestura de Nete de Vilalba, Os estoupafoles de Pobra de Brollón, @s pantox@s da Coruña, Tokaide do Carballiño, Son de Outeiro de Outeiro de Rei, Skachacunchas. ‘Pantonhao’, Os feroces da galgueira das Pontes, e Cantareiros da Unión, Gaiteiro de Goián Testemuñas da troula e Lendas Bohebrias, todos estes de Sarria.

Estes colectivos musicais percorrerán coa súa música establecementos sarriaos entre as 18.30 e as 22.00 horas. A partir das 22.30 horas está programada unha cea na Unión aberta aos veciños e amenizada pola orquestra Cé Pantasma.

Os que queiran xa poden mercar as entradas na propia Unión ou chamando ao teléfono 696 65 45 58.