Skip to main content
Sarria

Búscanse auxiliares xerocultores para a residencia de maiores de Sarria

Por 26 Marzo, 2023Marzo 27th, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de informar da selección de auxiliares xerocultores para a Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme. As persoas que cumpran os requisitos e estean interesadas poden presentar as instancias ata o día 27 de marzo.

Entre os requisitos están o de posuír a cualificación sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, para a súa acreditación haberá que estar en posición da tirulación de Formación Profesional de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermaría ou o ciclo formativo de grao medio, Técnico de Atención sociosanitaria, resgardo acreditativo de haber obtido o certificado ou a titulación requerida.

As presentación deberán facerse no rexistro do Concello de Sarria en horario de 9.00 a 14.00 horas, na sede electrónica, no rexistro doutras administracións ou nas oficinas de Correos.