Skip to main content
Sarria

O PSOE de Sarria rexeita a Benjamín Escontrela como candidato ás eleccións

Por 28 Marzo, 2023Marzo 29th, 2023Sin comentarios

O Partido Socialista de Sarria escribiu unha carta rexeitando a Benjamín Escontrela como o candidato do partido ás seguintes eleccións de maio.

Desde o grupo político din que “xa é hora de poñer todas as cartas enriba da mesa” e que se sae candidato, é porque “está posto a dedo desde o PSOE provincial saltándose os estatutos do partido e sen ser respaldado pola militancia do partido”.

Así, din que Escontrela “é unha persoa non grata no partido” e así llo dixeron tanto desde a executiva como desde a militancia do grupo político.

Ademais, acusan ao ex presidente do PSOE de Sarria, José Manuel López; quen renunciou recentemente a este cargo na localidade; de “verter noticias falsas na prensa”.

Os socialistas refírense a unhas noticias que sairon nalgúns medios de comunicación que sosteñen que o PSOE abriu un local na rúa Liberdade porque, din, “abriuno Escontrela coa intención de sembrar a dúbida na militancia”.

Así, argumentan que “nin un céntimo do PSOE foi utilizado para abrir ese local”.

Por último, dirixíronse a Escontrela para dicirlle que se quere ser candidato, que se enfronte a unhas primarias onde a militancia cos seus estatutos teña a opción de ratificalo ou rexeitalo.