Skip to main content
Sarria

As familias de Sarria contarán cun campamento de Semana Santa para poder conciliar

Por 30 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria organiza un campamento infantil gratuíto en Semana Santa que se desenvolverá os días 3, 4, 5 e 10 de abril.

Esta iniciativa, que se ten o obxectivo de favorecer a conciliación, terá lugar na Casa da Cultura.

O horario do campamento será das 9.00 ás 14.00 horas, pero no caso de que se xunte un grupo mínimo de nenos madrugadores, poderase iniciar ás 7.30 horas.

As persoas interesadas en inscribir aos seus nenos, poderán facelo na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar ata este venres, 31 de marzo.