Skip to main content
Sarria

A proposta da Anpa de Frei Luís sobre a casa dos mestres chega ao Pleno de Sarria

Por 30 Marzo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Sarria vén de reunirse coa Anpa do colexio Frei Luís de Granada para falar sobre a desafectación das casas dos mestres abandonadas que ocupan a parcela da escola.

Despois de debatir e escoitar as peticións e ideas do Anpa, os populares decidiron apoialos tanto na petición de desafectación como no derrubamento dos edificios, xa que “vivendas sociais pódense construír en moitos sitios e deberían exisitir máis na vila para evitar o estigma dos barrios sociais”.

O grupo municipal do PP de Sarria xustifíca a urxencia desta moción “nas constantes queixas dos veciños e da comunidade educativa relativa á insalubridade e inseguridade da zona, na que se pode comprobar ademáis a presencia de ratas como consecuencia da suciedade e basura que se acumula no recinto”.

A moción lembra que a situación de perigo foi incluso constatada pola propia Policía Local de Sarria o pasado día 24 de marzo ao ser requerida para retirar unha xiringa que se atopaba na proximidade das aulas do centro educativo.

Asimesmo, a urxencia xustifícase igualmente polo estado ruinoso das vivendas, que supoñen un perigo permanente non só para os estudantes e traballadores do centro, se non para todo a súa contorna.

Por todo o anterior, o grupo popular pedirá no vindeiro Pleno ordinario, que se celebrará hoxe, que se constrúa un parque cuberto “que é moi necesario para a vila de Sarria”.