Skip to main content
Sarria

A primeira edición dos Cantos pequenos de taberna terá lugar este sábado en Sarria

Por 31 Marzo, 2023Abril 1st, 2023Sin comentarios

Este sábado, 1 de abril, celébrase a primeira edición dos Cantos pequenos de taberna, unha versión infantil dos Cantos de Taberna para adultos que se levan celebrando moitos anos.

A Asociación Peleriños así o anuncious despois do éxito da VII Estremonía Cantada, que tivo lugar o pasado 25 de marzo.

Nesta primeira edición dos Cantos pequenos, haberá unha ruada desde a praza do Concello de Sarria a partir das 19.00 horas, que percorrerá as tabernas do Malecón.

Aos participantes acompañaranos a aula de música tradicional da asociación Peleiriños e a aula de música tradicional do Concello do Incio.