
O local social Fonte do Lunar de Triacastela acolle o 14 de marzo unha charla informativa sobre o ‘Uso dos caixeiros de forma fácil e segura’.
A cita, que terá lugar ás 11.30 horas e será gratuíta, pretende ensinar aos veciños a usar os caixeiros para facer as túas operacións máis habituais en calquera momento.
Esta actividade conta coa colaboración da entidade bancaria Abanca.