Skip to main content
Triacastela

Xa se poden ver os resultados do taller de vimbio na área recreativa do Oribio de Triacastela

Por 24 Marzo, 2023Marzo 25th, 2023Sin comentarios

O Concello de Triacastela acolleu un taller de vimbio impartido por Lola Tourón na área recreativa do Oribio esta semana. Nesta actividade as persoas participantes aprenderon a facer figuras de vimbio coas que se pretendeu crear un espazo de lecer para nenos e adultos.

Na área xa se poden ver as pezas que elaboraron os participantes.

Lola Tourón, con ampla experiencia no traballo con vimbio vivo, foi a encargada de disferentes obradoiros de restauración das estruturas en forma de celosía que se atopan nos terreos da Deputación en Lugo e da elaboración, co seu alumnado, de volumes xeométricos tecidos coa técnica niño, tamén chamada caos ou maraña.