Skip to main content
Triacastela

Artesanía de Galicia organiza en Triacastela un obradoiro de artesanía para todos os públicos

Por 27 Marzo, 2023Abril 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Triacastela acolle un obradoiro de artesanía o vindeiro 28 de marzo, martes, entre as 12.00 e as 19.00 horas.

Artesanía de Galicia organiza esta actividade na que rematarán xoguetes de madeira.

Este taller é aberto e gratuíto ao público adulto e infantil e terá lugar na Fonte do Lunar.

Será impartido por Artesanía Silvent con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2023.