Skip to main content
Guitiriz

O Concello de Guitiriz fai efectiva a dotación de fondos para o novo PAI

Por 31 Marzo, 2023Abril 1st, 2023Sin comentarios

O goberno local do Concello de Guitiriz levou a pleno unha proposta de suplemento de crédito que inclúe unha partida de 200.000 euros para sufragar, con fondos municipais, a totalidade do orzamento de construción do novo PAI.

Tras recibir unha axuda de 92.780,25 euros a través dos Next Generation da Unión Europea, e ante o incumprimento do compromiso acadado no ano 2019 coa conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, de que colaborarían no financiamento deste proxecto, o Concello decidiu asumir o investimento necesario para completar o orzamento.

A actuación, que ten un custe de ao redor de 350.000 euros, permitirá ampliar a oferta do PAI en 15 prazas de educación infantil (0-3 ano), resolvendo así o déficit existente para ese tramo de idade e eliminando as listas de agarda.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explica que “este é un proxecto moi importante para o municipio xa que é urxente dotar ao PAI de máis prazas” e lamenta que “a Xunta deixe de lado as súas competencias e incumpra o pactado”. “Tras tantas negativas, non podíamos agardar máis”, afirma.