Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol e a Deputación convenian a mellora de varios accesos en Anxeriz

Por 29 Marzo, 2023Marzo 30th, 2023Sin comentarios

O alcalde de Friol, José Á. Santos e a deputada do BNG, delegada da Área de Medio Rural da Deputación Provincial, Mónica Freire, veñen de asinar un convenio por un importe de de 43.000 euros para o acondicionamento dunha pista na parroquia de Anxeriz.

O importe total previsto para estes traballos ascende a 43.000 euros, asumindo o total do coste das obras a área de Medio Rural da administración provincial. Está previsto que comecen as obras de inmediato para que estean rematadas o antes posible.

Os obxectivos de este convenio son a mellora da infraestrutura viaria rural, contribuír ao aumento da competitividade dos sectores agrícola e gandeiro, mellorar as condicións de vida dos habitantes que transitan por esta zona, contribuír ao desenvolvemento económico e social de Friol.

Segundo o alcalde, José Á. Santos, “trátase da segunda colaboración con esta administración, despois de outro convenio asinado no ano 2021, despois de mais de quince anos sen que existise colaboración neste sentido entre ambas administracións. Santos agradece a implicación e a sensibilidade da Deputada provincial responsable da área de medio rural Mónica Freire, dado que desde que se lle propuxo a necesidade de levar a cabo estas obras, mostrou a súa plena dispoñibilidade para colaborar en que dito acondicionamento poida ser unha realidade”.

A deputada Mónica Freire pola súa parte destacou que “esta actuación atenderá unha demanda da veciñanza da parroquia de Anxeriz, que levaba tempo solicitando esta obra, polo que desde a Área de Medio Rural, quixemos seguir deste xeito a colaborar na mellora das infraestruturas e os servizos da zona rural da provincia”. Ademais quixo recalcar que “este tipo de obras e acondicionamento de pistas de acceso facilitan o paso de vehículos, tanto agrícolas ou gandeiros, como de servizos básicos no rural como o reparto a domicilio de pan ou outro tipo de alimentos de primeira necesidade, que son fundamentais para a calidade de vida das persoas”.

O alcalde móstrase en plena sintonía coa responsable da Area de Medio Rural da Deputación, dado que temos en común a aposta polo noso rural, apoiando e tratando de impulsalo con este tipo de colaboracións.

Nese sentido, Santos agarda que o presidente da Deputación Provincial, “tome nota, e vexa que si realmente é o Presidente de todos os lucenses como di, debe abrirse a aportar desde os seus departamentos provinciais o apoio necesario e demandado polos Concellos, independentemente da cor política que está no goberno dos mesmos”.