Skip to main content
Vilalba

Vilalba vive esta fin de semana unha nova Feira do Queixo San Simón

Por 31 Marzo, 2023Abril 1st, 2023Sin comentarios

Vilalba prepárase para vivir esta fin de semana unha nova edición da súa Festa do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparelladas numerosas actividades cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.

A Feira do Queixo da San Simón da Costa chega á súa vixesimo sétima edición.

A localidade contara con dous días de feira novamente, que terán o seu punto de reunión na praza da Constitución, onde se colocarán os stands de artesáns e produtos gastronómicos.

O programa dará comezo o sábado día 1 ás 12.30 horas cun showcooking a cargo de Iván Mariño, concursante de MasterChef8 e presentador de Estache Bo-TVG. Será na praza da Constitución e contará con degustación gratuíta incluída.

Pola tarde, será o tempo dos nenos, entre as 16.00 e as 19.00 horas cun taller de elaboración de queixos e no que os pequenos aprenderán as maneiras de elaborar un bo queixo San Simón.

Xa ás 19.00 horas será a quenda do pregón no templete da praza que nesta ocasión corre a cargo de María Barro, produtora da película Valentina, premio Goya á mellor película de animación 2022.

Durante este acto sortearanse dúas cestas de produtos das queixerías. Para participar hai que comprar nalgunha das sete casetas que haberá na feira.

A xornada rematará cun concerto de Sés no auditorio municipal. As entradas teñen un prezo de dez euros e xa están á venda en www.entradasvilalba.es e na casa da cultura.

O domingo continuarán as actividades ás 11.30 cunha desgustación de tapas gratuítas elaboradas con queixo San Simón na praza da Constitución nunha fooftruck.

E para darlle o toque final á festa. haberá sesión vermú, a partir das 12.00 horas na praza da Constitución. Volverán sortaeranse dúas cestas de produtos entre os compradores da feira da fin de semana.