Skip to main content
Begonte

O Cercud de Baamonde organiza unha excursión a Quiroga

Por 27 Marzo, 2023Sin comentarios

O Cercud de Baamonde volve ser unha das entidades admitidas na 3ª edición do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo polo que convoca unha nova excursión, nesta ocasión a Quiroga.

A primeira visita será nun centro ou dependencia da Deputación de Lugo; ben no Pazo de Santa Comba ou no Centro de Interpretación Terras do Miño. A continuación visitarase o Museo Etnográfico de Quiroga, Xeomiradoiro de Campodola, Castelo de Torrenovaes e unha adega.

A viaxe inclúe transporte, póliza de seguros de viaxeiros, entradas e menú de xantar.

Será o mércores 19 de abril con saída ás 09:00 horas desde apraza de Baamonde (quedada as 08:50).

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse previamente neste enlace.