Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXA

Presentan na poxa de Becerreá 5 xovencas da Granxa Gayoso Castro

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

O deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou este domingo, xunto ao presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga), César Dorado Pin, e outras autoridades, na poxa de xovencas celebrada en Becerreá, á que a Deputación de Lugo presentou 5 animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro.

As reses de raza autóctona das instalacións provinciais vendéronse a un prezo medio de 2.630€. A poxa foi en vivo, a man alzada, e con sistema ascendente, de xeito que comezou cun prezo de saída que se foi incrementando a través de sucesivas poxas, por tramos.

A Granxa Gayoso Castro é un dos piares da ampla actividade de apoio ao sector primario que desenvolve a Deputación de Lugo, que converteu este centro nun referente e nun motor da actividade agrogandeira na provincia e no conxunto de Galicia a través da formación e a investigación. As instalacións provinciais, situadas en Castro de Rei, acollen unha importante labor de apoio á recría de Rubia Galega en colaboración con Acruga, contan co primeiro centro de iniciativa pública creado en España para a recría de gando vacún de leite e, dende finais do ano 2020, coa Granxa Experimental de Leite, un centro pioneiro en Galicia, pois é o primeiro que une formación e investigación universitarias en torno ao sector lácteo.