Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Avanza a obra para recuperar o Pontello de Lobos

Por 25 Marzo, 2023Sin comentarios

A Deputación avanza no arranxo do Pontello dos Lobos. A institución provincial iniciou no prazo anunciado polo presidente, José Tomé Roca, unhas obras nas que inviste 314.000€, entre a reparación da propia ponte, que colapsou polas fortes choivas, e obras de acondicionamento no resto da estrada, a LU-P-1706, que une Castro de Rei e Cospeito.

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, supervisou este venres a execución dos traballos. Xa se demoleu a estrutura danada, está colocado o novo marco prefabricado de formigón e agora trabállase no recheo e na instalación dos muros de contención do terraplén para comezar nos vindeiros días co estendido do aglomerado.

García Porto subliñou que a Deputación actuou coa máxima axilidade posible para resolver os danos provocados por inclemencias meteorolóxicas, incidindo en que se trata dunha obra “moi importante para a veciñanza de Castro de Rei e de Cospeito, pero tamén da comarca, porque esta é a comunicación máis directa entre ambos concellos, e ademais dá servizo a varias explotacións gandeiras”.

A Deputación destina 315.000€ ó Pontello dos Lobos e, a maiores, cun investimento de 164.000€, renovará o asfalto dun treito da estrada de 1,3 quilómetros ao seu paso por Castro de Rei, en concreto, entre os puntos quilométricos 7,3 e 8,6. Ademais, á altura do concello de Cospeito procederá ao bacheo de varios tramos. Por último, renovará o pintado da totalidade da estrada.

3,3M€ en Castro de Rei

Co investimento nesta estrada, a Deputación dedicou dende o ano 2019 ata a actualidade ao concello de Castro de Rei máis de 3,3M€ para dotar de máis e mellores servizos aos seus veciños e veciñas. Boa parte dos fondos da institución provincial dedicáronse ás infraestruturas, ao fomento do emprego e ás políticas sociais.