Skip to main content
Cospeito

A biblioteca de Pino acollerá unha conversa e contacontos este sábado

Por 3 Marzo, 2023Sin comentarios

A biblioteca rural de San Martiño de Pino continúa coa súa programación e este sábado 4 de marzo, a partir das 17.00 horas, acollerá unha conversa e contacontos con Patricia Torrado Queiruga.

Gañadora do primeiro premio do III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala, Patricia Torrado presentará nesta ocasión, Don carlos e o misterio do lucecús.

A autora falará da súa obra e ofrecerá un contacontos nunha actividade recomendada para adultos e nenos.